martes, 31 de octubre de 2023

Actividades Samaín

Ola a todos e todas, durante estas últimas semanas fixemos un parón no noso proxecto para facer diversas actividades relacionadas co Samaín. Elaboramos uns cestos terroríficos para a festa do Magosto e Samaín reciclando bricks de leite, traballamos vocabulario de medo, realizamos actividades de conteo na mesa sensorial, decoramos cabazas coa técnica de grafismo creativo e gozamos de varias bandexas de aprendizaxe con temática de Samaín.
































viernes, 27 de octubre de 2023

Taller de primeiros auxilios

Ola familias, como en cursos pasados, hoxe tivemos a sorte de asistir a un taller de primeiros auxilios organizado por dúas mamás da escola. 

Moitas grazas María e Lucía pola vosa paciencia e dedicación.

Saúdos.















lunes, 23 de octubre de 2023

Contacontos para conmemorar o Día do síndrome de Phelan McDermid

Ola familias, aquí vos deixo as imaxes do contacontos do venres pasado, a cargo dunha nai dun alumno, para conmemorar o Día do Síndrome de Phelan McDermid.

Apertas.











Actividades coas cores de outono

Ola a todos e todas, as cores de outono inspiraron diversas actividades plásticas que fixemos na aula, como unhas paisaxes de outono ou unhas follas para decorar as nosas ventás.

Apertas!