EXPERIMENTO LEVADO A CABO DURANTE SEIS SEMANAS NA AULA DE INFANTIL
ORGÁNICO vs PLÁSTICO
Non quedou ningunha dúbida.
EXPERIMENTO LEVADO A CABO DURANTE SEIS SEMANAS NA AULA DE INFANTIL
ORGÁNICO vs PLÁSTICO
Non quedou ningunha dúbida.
No noso cole celebramos o entroido cun obradoiro moi especial no que todas as nenas e nenos crearon máscaras con garrafas de plástico recicladas.
Reutilizamos tapóns, botóns, plumas e outros materiais que tiñamos polo centro para darlles unha segunda vida chea de cor e creatividade.
Unha actividade divertida que nos axudou a aprender a importancia de reutilizar e coidar o planeta mentres gozamos creando xuntos.
No noso centro seguimos apostando por actividades creativas e comprometidas co coidado do medio ambiente. Nesta ocasión, o alumnado participou nunha proposta de arte reciclada, na que empregamos botellas, botes, tarros, tapóns e cartón para dar forma a diferentes animais mariños.
A través desta actividade, os nenos e nenas puideron experimentar, crear e imaxinar, ao tempo que reflexionaron sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar materiais do día a día. Transformar residuos en creacións artísticas axudounos a entender que moitos obxectos poden ter unha segunda vida se usamos a nosa creatividade.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Proxecta+ – Escolas Verdes polo Clima, que promove accións educativas para o coidado do planeta, e tamén forma parte do programa A Voz Natura, concretamente do seu proxecto dos océanos, co que traballamos a protección dos ecosistemas mariños e a loita contra a contaminación dos mares.
Seguimos aprendendo, creando e coidando do noso planeta 💙🌍
Na nosa aula de Educación Infantil levamos a cabo un pequeno experimento para aprender, dun xeito práctico e visual, como afectan os residuos ao medio ambiente.
Utilizamos unha caixa transparente na que introducimos tres elementos:
Terra,
Unha botella de plástico baleira,
Unha monda de plátano.
O obxectivo era observar co paso do tempo cal dos materiais se descompón antes e cal permanece contaminando o medio.
Durante as próximas semanas, observaremos con moita curiosidade como a monda de plátano, ao ser un residuo orgánico, vai cambiando e descompoñéndose pouco a pouco, mentres que a botella de plástico permanece intacta, sen apenas cambios.
Este experimento axudanos a comprender que non todos os residuos desaparecen igual e que os plásticos tardan moitísimo tempo en degradarse, contaminando a natureza. Ademais, fomentamos valores como o coidado do medio ambiente, a importancia de reducir o uso de plásticos e a correcta separación dos residuos desde idades temperás.
Aprender experimentando é unha das mellores maneiras de tomar conciencia e construír un futuro máis sostible 🌍💚.
Nesta bandeixa sensorial preséntase un minimundo mariño onde diferentes animais aparecen atrapados en plásticos e pequenas redes, igual que sucede no océano real. Os nenos e nenas deben rescatalos con coidado empregando tixeiras de seguridade e pinzas, reforzando así a súa motricidade fina e a coordinación. A actividade esperta a curiosidade e favorece a paciencia, ao tempo que introduce dunha maneira respectuosa a importancia de reducir os residuos. Un xogo simbólico que combina exploración, aprendizaxe e conciencia ambiental.
Neste minimundo recreamos unha pequena praia con area, cunchas e animais mariños, entre os que se agochan plásticos e outros residuos. Os nenos e nenas deben atopalos e retiralos con pinzas, converténdose en pequenos equipos de limpeza do mar. Esta proposta estimula a motricidade fina, a concentración e a observación detallada. Ao mesmo tempo, axuda a comprender a importancia de manter as praias limpas e coidar o noso entorno natural. Un xogo simbólico sinxelo, cheo de aprendizaxes e sensibilidade ambiental.
Levamos a cabo trasvases con palas, ferramentas de cociña e arroz.
Tartaruga feita con elementos reciclados: tubos de cartón de papel hixiénico
Traballamos:
- a importancia de reciclar e reutilizar para transformar os residuos en xogos
- motricidade fina ao utilizar ferramentas de trasvases
- coordinación óculo-manual
Hoxe tivemos unha actividade moi especial no cole: a mamá dunha compañeira trouxonos uns auténticos “tesouros do océano”! Encheu a aula de conchiñas de mil formas e cores, pedras pulidas polo mar, e A. mostrounos moitos tipos de mariscos que viven nas nosas costas. O máis sorprendente foi ver o pico dun peixe vela —enorme e impresionante— e tamén o esqueleto dunha sepia, que aprendemos que serve para que os paxaros afiaren o seu peteiro. Descubrimos incluso as casas dos caramuxos ermitáns, que van cambiando de cuncha cando medran.
A. fixo unha presentación preciosa e chea de curiosidades, explicando con moita ilusión todo o que aprendera. Grazas por compartir con nós este anaco de mar e por axudarnos a coñecer mellor a vida mariña. Foi unha actividade moi divertida e educativa, e agora miramos o océano con ollos cheos de admiración! 🌊🐚
Hoxe tivemos no colexio unha charla moi interesante sobre educación ambiental. Aprendemos as 3R: reducir, reutilizar e reciclar, que son moi importantes para coidar o noso planeta. Faláronnos dos contenedores que temos en Galicia e que debemos separar ben o lixo. No amarelo van os envases de plástico e latas, no azul o papel e o cartón, no verde o vidro, e no marrón a materia orgánica. Tamén coñecemos o contenedor negro para o resto de residuos. Agora sabemos que cada pequeno xesto conta para ter un mundo máis limpo e saudable.
Todo isto moi importante para o coidado dos océanos xa que todos os vertidos das vivendas van para o mesmo, polo que é moi importante reciclar e non tirar nada polo vater nin polo fregadeiro.
Na aula de infantil fixemos unha manualidade moi especial: unha tartaruga mariña feita con hueveras, paus e cunchas. Foi unha actividade divertida, creativa e, sobre todo, respectuosa co medio ambiente 🌍.
Primeiro, ca parte dunha huevera de cartón fixemos o corpo da tartaruga, pintándoa con tons verdes. Despois, engadimos catro paus de madeira (podían ser de xeados ou de ramas recollidas no patio) para facer as patas, e unhas pequenas cunchas coma ollos.
Falamos sobre como moitos obxectos que tiramos poden ter unha segunda vida, converténdose en materiais para crear arte. Deste xeito, aprendemos que reutilizar é tamén unha forma de coidar o planeta e de deixar voar a nosa imaxinación 🐢💚.
Hoxe aprendemos nomes de animais mariños usando letras de madeira. Formamos palabras como peixe, tartaruga, polbo e estrela de mar. Mentres xogabamos, lembramos que todos eles viven nun mar que debemos coidar. Aprendemos letras, palabras e tamén a importancia de reciclar e respectar a natureza. ¡Que divertido é aprender co mar! 🌊💚
Hoxe fixemos unha manualidade moi divertida con cartolinas recicladas: unha fermosa tartaruga mariña. Debuxamos o seu caparazón, decorámolo con anacos de papel usado e pintámolo con moita imaxinación. Mentres traballabamos, falamos de como o plástico contamina o seu fogar. ¡As nosas tartarugas recórdanos que reciclar é coidar o mar! 🌊♻️
Na aula creamos un minimundo para aprender o ciclo de vida da tartaruga mariña. Usamos area, madeiriñas, pedras e cunchas para facer o seu hábitat. Vimos como nacen as crías, chegan ao mar e medran ata facerse adultas. Aprendemos que cada etapa é importante e que debemos coidar o seu fogar. ¡Foi unha experiencia máxica e chea de aprendizaxe! 🌊✨
Tamén vimos unha cortometraxe de ecoembes da importancia de coidar o mar e non tirar residuos nin plásticos no mar para que os animais non queden atrapados nen se poidan intoxicar.
Ola a todos e todas, aquí vos deixo unhas imaxes dos traballos sobre animais extinguidos que chegaron á aula.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Apertas!