Ola familias, aquí vos deixo os traballos realizados por algúns nen@s de infantil sobre como aparece representado o corpo humano nalgunhas representacións artísticas.
Valeria recreou "O nacemento de Venus" de Botticelli, utilizando material de refugallo.
Oliver tamén reciclou para elaborar o seu traballo sobre o corpo humano no Antigo Exipto.
Alice elaborou un quebracabezas sobre o corpo e fixo un pequeno esquema sobre algunhas partes do corpo.
Lea inspirouse na obra da pintora fotorrealista Chuck Close.
Izan coloreou un dos famosos cadros do pintor cubista Pablo Picasso, que leva por título "Maya e a súa boneca".
Lia escolleu a obra de Ульяна Базильская, que representa as artes da danza e a pintura xuntas.
Catuxa preparou un traballo sobre o pintor e escultor colombiano Fernando Botero.
Gaia elaborou un gran traballo sobre o David de Miguel Anxo.
E Manu inspirouse no cubismo para preparar o seu traballo.
Estamos desexando ver máis traballos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Apertas.