Ola familias, aquí vos deixo un vídeo que elaboramos este trimestre co vocabulario relacionada co Sistema Solar apoiándonos nos xestos Guberina para aprender os diferentes fonemas.
Estes xestos foron creados polo profesor Petar Guberina. Realízanse coas mans e a voz e serven para prestar apoio á pronuncia e/o lectoescritura axudando aos nenos para percibir, identificar e discriminar fonemas mediante asociación.
Tamén vos deixo un vídeo cos xesto Guberina por se queredes practicar na casa.
Apertas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario