Ola familias, a semana pasada asistimos na escola a unha charla sobre protección do medio ambiente a cargo de Fernando, dentro das actividades do noso proxecto de Voz Natura.
Aprendemos moitas cousas.
Saúdos.
Ola familias, a semana pasada asistimos na escola a unha charla sobre protección do medio ambiente a cargo de Fernando, dentro das actividades do noso proxecto de Voz Natura.
Aprendemos moitas cousas.
Saúdos.
Ola a todos e todas, a semana pasada, para conmemorar o Día da Muller participamos na escola nun contacontos e taller a cargo da nai dun alumno, e organizado pola ANPA.
Limos o conto "O libro dos porcos" e fixemos unhas gafas moradas moi chulas.
Moitas grazas á nosa ANPA por organizar actividades tan chulas.
Ola familias, para conmemorar o Día da Muller traballamos na escola a figura de Jane Goodall, a famosa etóloga inglesa coñecida polos seus estudos cos chimpancés, e unha gran defensora dos animais.
Aquí vos deixo uns vídeos sobre a súa vida, así como unha actividade interactiva sobre os chimpancés, e os traballos realizados polos nenos e nenas da aula.
Apertas!
Ola a todos e todas, no mes de febreiro celebraron o seu aniversario na escola varios compañeiros e compañeiras.
Parabéns rapaces!
Ola familias, no mes de marzo empezamos a segunda parte do noso proxecto de flora e fauna autóctona, e é o momento de estudar os animais de Galicia.
Aquí vos deixo a misión da Curuxa Maruxa que tedes que cumprir para rematar o noso proxecto.
Apertas!