Ola familias, aquí deixo unhas imaxes das actividades que levamos a cabo este Samaín na escola, como podedes ver son moi variadas.
-Reciclamos cartón para facer unhas arañas monstruosas.
-Reciclamos briks de cartón para elaborar os nosos cestos do Magosto, e os decoramos con pintura fluorescente que se pode ver con luz negra.
-Traballamos vocabulario de Samaín.
-Actividades matemáticas: conteo e sumas na mesa sensorial, número anterior e posterios con tarxetas monstruosas, número maior e menor e xogo de lóxica.
-Bandexas de aprendizaxe, contos, esquema corporal, debuxos para colorear e tuff tray.
No hay comentarios:
Publicar un comentario