jueves, 17 de octubre de 2024

O outono chegou á escola

Ola familias, grazas a todas as aportacións que chegaron das vosas casas, a nosa aula encheuse de follas e froitos de outono que utilizamos para realizar diversas actividades: traballamos vocabulario, clasificacións, conteo e sumas, actividade plástica do mes de novembro, e por suposto debullar.

Mil grazas por todo!

























viernes, 11 de octubre de 2024

Conto Violeta ás agachadas

Ola familia, este curso inspirámonos no libro de "Violeta ás agachadas" para realizar actividades plásticas relacionadas con cada mes, e que levaremos para cara a final de curso.

Estas semanas elaboramos a portada do noso libro así como a actividade plástica do mes de setembro.

Como non podría ser doutra maneira, Violeta foi a primeira protagonista da semana deste curso.

Apertas!









martes, 8 de octubre de 2024

Actividades inicio de curso

Ola familias, seguimos a rematar as actividades que iniciamos no mes de setembro, antes de empezar a traballar o outono.

Hoxe levamos para casa o noso libro de inicio de curso que elaboramos estas últimas semanas, empezamos a secuencia mensual do esquema corporal e xogamos á ruleta da escola.