jueves, 15 de enero de 2026

🌱 Experimento: Plásticos vs. orgánico

 

Na nosa aula de Educación Infantil levamos a cabo un pequeno experimento para aprender, dun xeito práctico e visual, como afectan os residuos ao medio ambiente.

Utilizamos unha caixa transparente na que introducimos tres elementos:

  • Terra,

  • Unha botella de plástico baleira,

  • Unha monda de plátano.


     

O obxectivo era observar co paso do tempo cal dos materiais se descompón antes e cal permanece contaminando o medio.

Durante as próximas semanas, observaremos con moita curiosidade como a monda de plátano, ao ser un residuo orgánico, vai cambiando e descompoñéndose pouco a pouco, mentres que a botella de plástico permanece intacta, sen apenas cambios.

Este experimento axudanos a comprender que non todos os residuos desaparecen igual e que os plásticos tardan moitísimo tempo en degradarse, contaminando a natureza. Ademais, fomentamos valores como o coidado do medio ambiente, a importancia de reducir o uso de plásticos e a correcta separación dos residuos desde idades temperás.

Aprender experimentando é unha das mellores maneiras de tomar conciencia e construír un futuro máis sostible 🌍💚.

jueves, 8 de enero de 2026

OS REIS MAGOS NON SE ESQUECERON DE TABEAIO!

 Hoxe voltamos ao cole e menuda sorpresa!!! Tiñamos un lote de agasallos baixo da nosa árbore 💓💓💫💫

- un tipi para xogo simbólico

- bandexas con materiais para facer minimundos, trasvases... nas mesas de experimentación

- materiais de estampar para arte

- xogo de construcción magnético