domingo, 19 de enero de 2025

Mochila viaxeira

Ola familias, esta semana esta semana comezamos unha nova actividade de fomento da lectura chamada "Mochilas viaxeiras" na que o alumnado levará para casa una mochila con material de lectura e lúdico. 

A mochila irá para a casa os venres e haberá que devolvela o xoves seguinte. 

Dentro da mochila irá, ademáis do material, unha libreta na que o alumnado compartirá a súa experiencia coa mochila: se lle gustou, que foi o que máis lle gustou, o que menos, con quen a compartiu...O texto poderá ir acompañado dun debuxo, dunha foto.

Que deixen voar a súa creatividade! 





martes, 14 de enero de 2025

Cancións e actividades interactivas As Vogais

Ola a todos e todas, aquí vos deixo as cancións das vogais e algunhas actividades interactivas para que poidades practicar na casa.

Apertas!