EXPERIMENTO LEVADO A CABO DURANTE SEIS SEMANAS NA AULA DE INFANTIL
ORGÁNICO vs PLÁSTICO
Non quedou ningunha dúbida.
EXPERIMENTO LEVADO A CABO DURANTE SEIS SEMANAS NA AULA DE INFANTIL
ORGÁNICO vs PLÁSTICO
Non quedou ningunha dúbida.
No noso cole celebramos o entroido cun obradoiro moi especial no que todas as nenas e nenos crearon máscaras con garrafas de plástico recicladas.
Reutilizamos tapóns, botóns, plumas e outros materiais que tiñamos polo centro para darlles unha segunda vida chea de cor e creatividade.
Unha actividade divertida que nos axudou a aprender a importancia de reutilizar e coidar o planeta mentres gozamos creando xuntos.
No noso centro seguimos apostando por actividades creativas e comprometidas co coidado do medio ambiente. Nesta ocasión, o alumnado participou nunha proposta de arte reciclada, na que empregamos botellas, botes, tarros, tapóns e cartón para dar forma a diferentes animais mariños.
A través desta actividade, os nenos e nenas puideron experimentar, crear e imaxinar, ao tempo que reflexionaron sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar materiais do día a día. Transformar residuos en creacións artísticas axudounos a entender que moitos obxectos poden ter unha segunda vida se usamos a nosa creatividade.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Proxecta+ – Escolas Verdes polo Clima, que promove accións educativas para o coidado do planeta, e tamén forma parte do programa A Voz Natura, concretamente do seu proxecto dos océanos, co que traballamos a protección dos ecosistemas mariños e a loita contra a contaminación dos mares.
Seguimos aprendendo, creando e coidando do noso planeta 💙🌍
Esta semana fixemos unha manualidade para darlle inicio ao inverno na nosa aula de infantil.
Levamos a cabo varias técnicas:
- estampamos pompóns cas cores do inverno para crear o fondo
- traballamos o trazo creativo ca nosa motricidade fina creando árbores con raias
- pegamos a nosa foto para darlle máis significatividade
Na nosa aula de Educación Infantil levamos a cabo un pequeno experimento para aprender, dun xeito práctico e visual, como afectan os residuos ao medio ambiente.
Utilizamos unha caixa transparente na que introducimos tres elementos:
Terra,
Unha botella de plástico baleira,
Unha monda de plátano.
O obxectivo era observar co paso do tempo cal dos materiais se descompón antes e cal permanece contaminando o medio.
Durante as próximas semanas, observaremos con moita curiosidade como a monda de plátano, ao ser un residuo orgánico, vai cambiando e descompoñéndose pouco a pouco, mentres que a botella de plástico permanece intacta, sen apenas cambios.
Este experimento axudanos a comprender que non todos os residuos desaparecen igual e que os plásticos tardan moitísimo tempo en degradarse, contaminando a natureza. Ademais, fomentamos valores como o coidado do medio ambiente, a importancia de reducir o uso de plásticos e a correcta separación dos residuos desde idades temperás.
Aprender experimentando é unha das mellores maneiras de tomar conciencia e construír un futuro máis sostible 🌍💚.
Hoxe voltamos ao cole e menuda sorpresa!!! Tiñamos un lote de agasallos baixo da nosa árbore 💓💓💫💫
- un tipi para xogo simbólico
- bandexas con materiais para facer minimundos, trasvases... nas mesas de experimentación
- materiais de estampar para arte
- xogo de construcción magnético