jueves, 11 de diciembre de 2025

O NADAL CHEGOU AO COLE

 Dende a semana pasada comezamos  a traballar o nadal na aula de infantil.

Apareceu o elfo facendo das súas trastadas, levamos a cabo un montón de actividades de motricidade fina, de arte e sensoriais.

Tamén montamos a nosa árbore, fixemos adornos e xogamos moito.

Aquí tendes algunhas das fotografías destos 11 días que levamos de decembro.








miércoles, 19 de noviembre de 2025

RESCATAMOS AOS ANIMAIS MARIÑOS ATRAPADOS NA BASURA

 Nesta bandeixa sensorial preséntase un minimundo mariño onde diferentes animais aparecen atrapados en plásticos e pequenas redes, igual que sucede no océano real. Os nenos e nenas deben rescatalos con coidado empregando tixeiras de seguridade e pinzas, reforzando así a súa motricidade fina e a coordinación. A actividade esperta a curiosidade e favorece a paciencia, ao tempo que introduce dunha maneira respectuosa a importancia de reducir os residuos. Un xogo simbólico que combina exploración, aprendizaxe e conciencia ambiental.






 

MINIMUNDO: LIMPEZA DE PRAIAS

 Neste minimundo recreamos unha pequena praia con area, cunchas e animais mariños, entre os que se agochan plásticos e outros residuos. Os nenos e nenas deben atopalos e retiralos con pinzas, converténdose en pequenos equipos de limpeza do mar. Esta proposta estimula a motricidade fina, a concentración e a observación detallada. Ao mesmo tempo, axuda a comprender a importancia de manter as praias limpas e coidar o noso entorno natural. Un xogo simbólico sinxelo, cheo de aprendizaxes e sensibilidade ambiental.





 

AS TEXTURAS DOS ANIMAIS E ORIENTACIÓN ESPACIAL

 Esta semana fixemos estas dúas propostas do proxecto dos océanos:

- relacionar as texturas do corpo dos animais 

- orientación espacial nunha cuadrícula






ACTIVIDADE SENSORIAL TARTARUGA

 Levamos a cabo trasvases con palas, ferramentas de cociña e arroz. 

Tartaruga feita con elementos reciclados: tubos de cartón de papel hixiénico

Traballamos:

- a importancia de reciclar e reutilizar para transformar os residuos en xogos

- motricidade fina ao utilizar ferramentas de trasvases

- coordinación óculo-manual







viernes, 7 de noviembre de 2025

TESOUROS DOS OCEANOS

 

Hoxe tivemos unha actividade moi especial no cole: a mamá dunha compañeira trouxonos uns auténticos “tesouros do océano”! Encheu a aula de conchiñas de mil formas e cores, pedras pulidas polo mar, e A. mostrounos moitos tipos de mariscos que viven nas nosas costas. O máis sorprendente foi ver o pico dun peixe vela —enorme e impresionante— e tamén o esqueleto dunha sepia, que aprendemos que serve para que os paxaros afiaren o seu peteiro. Descubrimos incluso as casas dos caramuxos ermitáns, que van cambiando de cuncha cando medran.

A. fixo unha presentación preciosa e chea de curiosidades, explicando con moita ilusión todo o que aprendera. Grazas  por compartir con nós este anaco de mar e por axudarnos a coñecer mellor a vida mariña. Foi unha actividade moi divertida e educativa, e agora miramos o océano con ollos cheos de admiración! 🌊🐚

 





 

CHARLA EDUCACION AMBIENTAL: reducir, reutilizar e reciclar

 

Hoxe tivemos no colexio unha charla moi interesante sobre educación ambiental. Aprendemos as 3R: reducir, reutilizar e reciclar, que son moi importantes para coidar o noso planeta. Faláronnos dos contenedores que temos en Galicia e que debemos separar ben o lixo. No amarelo van os envases de plástico e latas, no azul o papel e o cartón, no verde o vidro, e no marrón a materia orgánica. Tamén coñecemos o contenedor negro para o resto de residuos.  Agora sabemos que cada pequeno xesto conta para ter un mundo máis limpo e saudable.

Todo isto moi importante para o coidado dos océanos xa que todos os vertidos das vivendas van para o mesmo, polo que é moi importante reciclar e non tirar nada polo vater nin polo fregadeiro.




jueves, 6 de noviembre de 2025

TARTARUGAS RECICLADAS

 

Na aula de infantil fixemos unha manualidade moi especial: unha tartaruga mariña feita con hueveras, paus e cunchas. Foi unha actividade divertida, creativa e, sobre todo, respectuosa co medio ambiente 🌍.

Primeiro, ca parte dunha huevera de cartón fixemos o corpo da tartaruga, pintándoa con tons verdes. Despois, engadimos catro paus de madeira (podían ser de xeados ou de ramas recollidas no patio) para facer as patas, e unhas pequenas cunchas coma ollos.

Falamos sobre como moitos obxectos que tiramos poden ter unha segunda vida, converténdose en materiais para crear arte. Deste xeito, aprendemos que reutilizar é tamén unha forma de coidar o planeta e de deixar voar a nosa imaxinación 🐢💚.


 

martes, 4 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

Esta semana tivemos unha visita moi especial na aula: dúas mamás enfermeiras viñeron facernos un taller de RCP e primeiros auxilios.

Cada neno e nena trouxo o seu peluche favorito, e con eles aprendemos cousas moi importantes: que sempre debemos chamar ao 112 e avisar a un adulto cando alguén precisa axuda.

Cantamos unha canciño moi divertida para lembrar esa mensaxe, e practicamos como colocar a unha persoa de lado se está desmaiada, ademais de aprender como actuar con calma ante unha emerxencia.

Foi unha mañá chea de emocións, aprendizaxes e moita ilusión.
💖 Moitas grazas ás mamás enfermeiras por compartir connosco o seu tempo e ensinarnos tanto!


jueves, 23 de octubre de 2025

Xogamos cas palabras do mar

Xogamos coas palabras do mar

Hoxe aprendemos nomes de animais mariños usando letras de madeira. Formamos palabras como peixe, tartaruga, polbo e estrela de mar. Mentres xogabamos, lembramos que todos eles viven nun mar que debemos coidar. Aprendemos letras, palabras e tamén a importancia de reciclar e respectar a natureza. ¡Que divertido é aprender co mar! 🌊💚



creamos a nosa tartaruga

¡Creamos a nosa tartaruga recicladora!

Hoxe fixemos unha manualidade moi divertida con cartolinas recicladas: unha fermosa tartaruga mariña. Debuxamos o seu caparazón, decorámolo con anacos de papel usado e pintámolo con moita imaxinación. Mentres traballabamos, falamos de como o plástico contamina o seu fogar. ¡As nosas tartarugas recórdanos que reciclar é coidar o mar! 🌊♻️


 

O ciclo de vida da tartaruga

 O noso minimundo da tartaruga

Na aula creamos un minimundo para aprender o ciclo de vida da tartaruga mariña. Usamos area, madeiriñas, pedras e cunchas para facer o seu hábitat. Vimos como nacen as crías, chegan ao mar e medran ata facerse adultas. Aprendemos que cada etapa é importante e que debemos coidar o seu fogar. ¡Foi unha experiencia máxica e chea de aprendizaxe! 🌊✨

 

 

 

 


 

 

Tamén vimos unha cortometraxe de ecoembes da importancia de coidar o mar e non tirar residuos nin plásticos no mar para que os animais non queden atrapados nen se poidan intoxicar.

sábado, 28 de junio de 2025

Aniversarios verán

Ola familias, esta semana celebramos na escola os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen anos en verán.

Parabéns!

















viernes, 27 de junio de 2025

Taller de lóxica-matemática

Ola a todos e todas, ao longo de todo este curso realizamos diversas actividades manipulativas de lóxica-matemática, a través das que traballamos diversos aspectos e contidos dunha maneira lúdica.

Aquí vos deixo algunhas imaxes.

-Atributos bloques lóxicos.


















-Series lóxicas.













-Actividades de conteo con BeeBot.






-Regretas. Sumas, restas, descomposición numéricas, clasificacións, series...
































-Serie numérica, conteo, sumas e restas...





























a















-Xogos de mesa: