lunes, 11 de noviembre de 2024

Proxecto A Terra: experimento a nube

Ola familias, estas semanas fixemos un par de experimentos na escola relacionados coas nubes.

Por un lado tentamos facer na escola un experimento que consistía en crear a nosa propia nube dentro dunha botella. O resultado non foi o esperado, así que pedimos a vosa colaboración para que realizades este experimento cos vosos fillos e fillas na casa, e se finalmente o conseguides, mandádenos un vídeo ou fotos para que o poidamos ver o resultado, ou incluso podedes vir á escola a ensinarnos a proeza.

Por outra banda, fixemos outro experimento, nesta caso unha nube con espuma de afeitar, auga e colorante.

Aquí vos deixo uns vídeos e fotos.

Saúdos!





















jueves, 7 de noviembre de 2024

Proxecto A Terra: estación metereolóxica e rexistro do tempo atmosférico

Ola a todos e todas, estas semanas empezamos a cubrir o noso rexistro metereolóxico diario, e coñecimos a funcionamento e as partes da estación mtereolóxica que instalamos no patio traseiro da escola. Grazas a esta estación metereolóxica podemos coñecer a temperatura diaria, a velocidade do tempo, as probabilidades de precipitación e a predicción do tempo para ese día. Este instrumento acompañarannos no estudo do tempo e do clima ao longo de todo o curso.

Saúdos!