viernes, 30 de junio de 2017

Felices vacacións!

Outro curso que remata, os trasniños e trasniñas e a mestra Carmen desexámosvos a todos unhas felices vacacións e que descansedes moito. Vémonos no vindeiro curso!

 

Proxecto As flores: fin de proxecto

Aquí vos deixo as fichas elaboradas polos trasniños durante este proxecto, así como o resultado de dúas actividades plásticas realizadas na aula: uns cadros de flores elaborado con cadrados de porespan, tubos de papel hixiénico, témperas e paus de cores. E por outra banda uns bonitos broches de pasta flexible.
Tamén os deixo o enlace a unha actividade LIM sobre a primaverira que fixemos na aula e que gustounos moito.





Proxecto As flores: mandalas de flores

Pasamos uns días moi nerviosos, estamos a finais de curso e iso nótase moito, así que, para relaxarnos realizamos unha actividade con música relaxante e mandalas de flores. Esta actividade xa a fixemos hai uns anos con outro grupo de trasniños, así que vos deixo aquí a ligazón a aquela entrada para que así poidades aprender un pouco  máis sobre os mandalas, así como uns vídeos con música para colorear mandalas, e por suposto as nosas creacións. 
Tamén decoramos as nosas carpetas con mandalas feitos por nos.
Esperamos que vos gusten!









lunes, 12 de junio de 2017

Excursión a Aldea Nova

A semana pasada visitamos a granxa escola Aldea Nova en Narón. Foi una excursión moi divertida e na que aprendimos moito nos talleres de apicultura, animais, equitación e ciencias.
Familias, son moitas as imaxes deste día, aquí vos deixo unhas poucas e o resto as teredes a final de curso como tódolos anos.


















lunes, 5 de junio de 2017

Proxecto as flores: taller de flores

Hai dúas semanas recibimos no cole ao florista Richard de Toro, que nos ensinou a preparar un bonito centro de flores con margaridas. Moitas grazas á mamá de sabela e ao Anpa por organizar esta actividade tan chula.






Proxecto As flores: Experimento con flores e colorante

Estas semanas fixemos un experimento en clase para observar o proceso mediante o que as plantas transportan auga e nutrientes desde o chan a todos os lugares da planta. Para iso preparamos uns botes de cristal con auga e colorante de cor azul, amarelo e vermello, cortamos o talo de varias margaridas, introducímolas no bote e durante dúas semanas fomos observando o que sucedía. Ao final despois de 15 días puidemos observar os resultados.
 As flores do noso experimento absorben a auga coloreada grazas á capilaridade e á transpiración. Como consecuencia, os seus pétalos e os vasos do talo (curta para obsevarlo) tínguense. O proceso pode tardar varios días e ademais é posible que os pétalos non se tingan de forma espectacular. Dependerá de varios factores relacionados coas condicións atmosféricas e coas características do colorante.









 

jueves, 1 de junio de 2017

Festa Fin de Curso Voz Natura 2017

O sábado 3 de xuño celébrase a festa de Voz Natura no parque de Acea de Ama de Culleredo, onde poderedes visitar a exposición de trabalos dos coles particpantes, entre os que se atopa o noso.
Aquí vos deixo o enlace con toda a información sobre o evento: 
http://www.voznatura.com/fiesta/index.php?idseccion=11