miércoles, 13 de junio de 2018

Proxecto As bolboretas: os insectos

Estas semanas descubrimos que as bolboretas son insectos, e investigamos a través de diversas fontes que outros insectos coñecemos, e averiguamos tamén que hai animais que pensábamos que eran insectos pero que en realidade non o son, como os caracois ou as arañas.
Para afianzar estos descubrimentos elaborei unhas bandexas de aprendizaxe de inspiración Montessori sobre os insectos. Nunha hai diferentes miniaturas de insectos para asociar coa súa imaxe e nome, e noutra unhas plantillas para aprender a debuxalos e de paso afianzar a motricidade fina.
Aquí vos deixamos uns vídeos onde ben todo moi ben explicado, así como unha actividade LIM sobre os insectos elaborada pola EEI Crespo Rivas, e as imaxes das bandexas de aprendizaxe.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario