miércoles, 14 de febrero de 2018

Día da Paz

Este ano, para conmemorar o Día da Paz, fixemos varias actividades en torno ao conto "A que sabe a lúa?" de Michael Grejniec e que edita Kalandraka. Neste conto faise fincapé na importancia de valores como a solidariedade, cooperación e xenerosidade, e parecéronme moi interesante traballalo na aula, como valores funadmentais para vivir en paz.
Coas imaxes dos animais do conto pastificados, velcro e un tubo de cartón elaborei un material moi chulo para contar o conto.
A mestra de Relixión tamén nos trouxo unhas pedras moi chulas para representalo. Ademais estos materiais sérvennos para localizar o lugar de cada animal, cal vai antes, cal despois, e repasar os números ordinais.
E tamén repasamos o conto e traballamos o nome dos animais a través da actividade sobre o conto elaborada por Ana Martínez e Rosa Grille.







http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html

Unha vez traballado o conto, decidimos facer un pouco de traballo cooperativo. Divididos en grupos tivemos que colaborar para facer uns quebracabezas dunhas pombas da paz a través da técnica do folio xiratorio. Cada neno/a tiña que ir colocando por turnos as súas pezas, que o capitán de cada equipo repartiu con anterioridade, para rematar a imaxe da pomba da paz. Por suposto podíamos axudarnos, a idea era colaborar e cooperar para conseguir unha meta.
Por outra banda, en psicomotricidade tamén realizamos un xogo cooperativo, en gran grupo e despois divididos en grupos de dous tiñamos que pasar unhas pelotas para que chegaran ao capitán e este encestara.











E tamén elaboramos unhas bonitas diademas de pomba da paz con cartolinas. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario