jueves, 21 de diciembre de 2017

Mini proxecto sobre as familias

Coa chegada do Nadal, a nosa super mestra en prácticas Bea preparou un mini proxecto sobre as familias. Todos levamos á aula unha foto das nosas familias para presentarllas aos nosos compañeiros/as, e elaborar con todas elas unha bonita árbore de nadal reciclando tamén uns pratos de cartón.
Por outra banda limos o conto de "Unha chea de familias" para coñecer os tipos de familias. Traballamos en pequeno grupo para crear as nosas familias: tradicional , monoparental, extensa e homosexual. Os capitáns de 5 anos tiveron que organizar o traballo dentro de cada equipo, e entre todos decidir os membros de cada familia e buscar fotos en revistas para crealas.
Tamén vimos un corto moi bonito sobre o primeiro amor entre dous rapaces, e fixemos un puzzle cun fotograma da película.
Por último limos o conto "Con tango son tres"e clasificamos fotos das familias nos 4 tipos traballados.
Por último fixemos unha árbore de nadal con fotos das nosas familias en pratos de cartón decorados por nos.























No hay comentarios:

Publicar un comentario