martes, 7 de noviembre de 2017

O Samaín e Os Celtas

Estas semanas descubrimos que o Samaín é unha festa de orixe celta, coa que celebraban a chegada do novo anos celta e o fin da colleita. Pero os celtas non baleiraban cabazas para espantar aos malos espíritus e guiar aos bos, xa que daquela non había, baleiraban nabos. Nos vimos uns na clase que eran moi pequenos, así que cremos que o que baleiraban en realidade eran apio nabos, que son un pouquiño máis grandes. Esta tradición celta esconde lendas moi interesantes, así que vos invitamos a descubrir moitas delas a través da lectura do libro "O noso Samaín" da editorial Galaxia, que trouxo a aula unha das nosas trasniñas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario