jueves, 2 de noviembre de 2017

Corre corre, Cabaciña

Este ano traballamos outra vez por Samaín o conto de "Corre corre, cabaciña" da editorial OQO, é un conto moi divertido que ten moitas posibilidades. Limos o conto, vimos o film oficial da editorial e cantamos a canción. Tamén elaboramos unhas cabazas estampando mazás con témpera laranxa e aproveitamos tamén para realizar unhas series lóxicas coas follas que nos sobraron da nosa paisaxe do outono.
Por último atopamos unha actividade Lim na rede, da mestra Naiara Castillo, para seguir traballando moitos aspectos en torno a él (lectoescritura, lóxica matemática, asociacións, discriminación visual...).
Esperamos que vos guste.













Clicade na imaxe para acceder á actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario