martes, 18 de abril de 2017

Proxecto As flores

Ola a todos, xa temos temática para o noso proxecto do 3º trimestre: as flores. A elección da temática está relacionada co noso proxecto de Voz Natura deste ano e para o que elaboraremos moitos materiais para a exposición de Voz Natura do mes de xuño.


Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:
-As flores necesitan auga, terra e esol.
-As flores nacen de sementes.
-As flores teñen néctar.
-Tamén teñen pétalos que poden ser de moitas cores.
-As flores teñen pole e as abellas o recollen para facer mel.

-As bolboretas tamén recollen pole das flores.
-As margaridas saen dos dentes de león.
-As flores necesitan choiva ou que se reguen.
-As flores teñen follas e espiñas para defenderse.
-Necesitan tempo para medrar.
-Hai distintos tipos de flores: margarida, rosa,tulipán, xirasol, nenúfar...


Unha vez falado o tema, facémonos as seguintes preguntas:
-Como nacen as flores?
-Onde nacen?
-Como son?
-Que necesitan?
-Que animais aliméntanse delas?
-Tipos de flores.


Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, cancións...
Moitas grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario