jueves, 27 de abril de 2017

Proxecto As flores: ambientación da aula

Empezamos novo proxecto e, coincidindo coa entrada da primavera, ambientamos á nosa aula con diversos murais coa temática das flores.
Por un lado elaboramos unha bonita árbore para a nosa porta con bolboretas e flores de papeis de cores.
E por outro lado, recordando un poco tamén algunha obra do printor Kandinsky, fixemos flores con círculos concéntricos de cores para decorar a árbore do noso rencuncho do proxecto, e aproveitamos tamén para elaborar unhas bonitas flores completando con rotulador os talos, pétalos e follas, e de paso repasamos os conceptos: grande, mediano e pequeno.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos nosos murais.







No hay comentarios:

Publicar un comentario