jueves, 2 de marzo de 2017

Proxecto Os pintores: Joan Miró

Estas semanas, coincidindo co Entroido, traballamos na aula o pintor español Joan Miró.
Empezamos lendo un conto moi chulo, "O cadro máis bonito do mundo", da editorial Kalandraka, que nos achegou un pouco á obra e estilo de Miró.
Aprendimos que a Miró gustáballe moito incluir formas diversas nas súas obras, así como as cores: azul, amarela, verde, vermella e negra, así que aproveitamos para repasar as figuras xeométricas e as cores básicas.
Tamén elaboramos unhas bonitas máscaras inspirándonnos nas súas obras, e compuxemos un mural do Entroido moi chulo.
Tamén coloreamos algunhas das súas obras máis representativas, e utilizamos as témperas para debuxar o seu autorretrato.
Tamén atopamos unhas letras do alfabeto inspiradas nas obras de Miró, e compuxemos o nosos nomes con elas, foi moi divertido. 
Aquí vos deixo uns vídeos sobre Miró que vimos na aula, así como unha actividade Lim que atopei no blog da biblioteca do CEIP de Cervo-Lugo, que aínda que está deseñada para nenos/as máis maiores, ten actividades moi interesantes que tamén podemos facer en infantil.














http://bibliocervo.blogspot.com.es/2011/03/lim-sobre-miro.html


1 comentario:

  1. Un proyecto muy interesante y unos recursos estupendos. Seguro que tus peques están aprendiendo muchísimo.

    ResponderEliminar