lunes, 20 de marzo de 2017

Proxecto Os pintores. Experimento: mesturas de cores e capilaridade dos líquidos

Estes días, dentro do proxecto Os pintores, traballamos tamén as cores e as mesturas de cores. Para ver estas últimas realizamos un experimento en clase, que tamén nos serviu para ver a capilaridade dos líquidos.
A capilaridade é unha propiedade dos líquidos que fai que, debido á súa forza intermolecular, suban ou baixen por un tubo capilar. Para levar a cabo o experimento colocamos 3 botes de cristal, e nos dos extremos botamos auga con témpera diluída. A cor da témpera depende da mestura que queiramos facer: amarela e vermella para obter laranxa, amarela e azul para a verde, e azul e vermella para a morada.
Despois conectamos os botes dos extremos co do centro cunha servilleta enrolada e esperamos. Aproximadamente tardase un día en ver o resultado final no bote central, pero os trasniños ían moitas veces para comprobar os progresos.
Despois coloreamos unha roda de cor atendendo ao aprendido.
E por último, para repasar as cores, traballamos en clase a canción do Monstro de cores, e repasamos tamén as actividades realizadas o ano pasado ao redor deste conto.

Picar na imaxe do monstro para ver a entrada do curso pasado.
Bicos











http://trasninhosnaescola.blogspot.com.es/2016/02/dia-da-paz-o-monstro-de-cores.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario