lunes, 20 de marzo de 2017

Proxecto Os Pintores: Dalí

Hai unhas semanas traballamos na aula Dalí. Limos o conto "Salvador Dalí, pintame un sueño" e vimos varios vídeos sobre o pintor e a súa obra. Pareceunos un home moi divertido. Tamén elaboramos un collage sobre unha das súas obras máis coñecidas, "Retrato de Mae West", co que repasamos as partes da cara.







No hay comentarios:

Publicar un comentario