martes, 7 de marzo de 2017

Entroido 2017

Este ano, coincidindo co proxecto deste trimestre, disfrazámonos de pintores. Para elo elaboramos os nosos disfraces con bolsas de plástico, goma eva e aeronfix de cores, e utilizamos un cartón para facer as nosas paletas.
As profes disfrazámonos da pintora Frida Kahlo, ao final da entrada deixo un vídeo sobre esta pintora que aos trasniños gustounos moito.
Como todos os anos realizamos un paseo pola vila e despois degustamos productos típicos destas datas elaborados polas familias.
Por agora no teño demasiado fotos deste día, actualizarei a entrada en canto consiga máis.
Tamén desfrutamos dun día de disfrace libre, e pintamos, entre todos, un lenzo de flores que se exhibirá no noso stand na exposición de Voz Natura.
Moitas grazas ás familias pola colaboración.  
Saúdos a todos!










 
 
  

1 comentario:

  1. Gracias a vos por permitirnos disfrutar un ano mais dunha actividade coma esta con todo o colectivo.
    E gracias, Carmen, por seguir alimentando o blog, pese a que tes menos tempo que nunca.....

    ResponderEliminar