martes, 7 de febrero de 2017

Proxecto Os pintores: Picasso e o Día da Paz

A semana pasada, coincidindo co Día da Paz, traballamos na aula un dos pintores máis importantes da historia, Pablo Picasso, e a súa obra máis importante, O Guernica, e descurbimos, a través dun libro, que Picasso pintou este cadro para reflexionar sobre os horrores da guerra e pedir a paz.
Montamos un puzzle do Guernica e o enchemos de cores para reinvindicar a paz, tal e como fixo o neno Picasso nun vídeo que vimos na aula. E por último, inspirámonos nunha pomba da paz de Picasso para facer un mural na aula sobre a Paz. 















1 comentario:

  1. Que coincidencia! Nós tamén traballos as pombas de Picasso e o Guernica. Só que o puzzle do cadro fixémolo en grande. Gústame como quedaron os vosos. Un saúdo.

    ResponderEliminar