martes, 21 de febrero de 2017

Proxecto Os pintores: As Meninas de Velázquez

Hai un par de semanas traballamos na aula un dos cadros máis famosos do mundo, obra dun pintor español, as Meninas de Velázquez. 
Aprendimos moito sobre o cadro grazas ao libro "Un cuadro de Velázquez" da editorial Kalandraka, e descubrimos que Velázquez era o pintor de cámara da familia do rei Felipe IV, da que fixo numerosos retratos, xa que naquela época non existían as cámaras de fotos.
Fixemos un collage cun debuxo da infanta Margarita e a coloreamos en tamaño real.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos traballos realizados na aula, así como unha actividade Lim sobre as Meninas, elaborada pola mestra Carmen Ruibal do CEIP Vilaverde Mourente de Pontevedra, e un vídeo moi simpático das Tres Mellizas no que aparece Velázquez.
Bicos.









http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/as-meninas.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario