sábado, 14 de enero de 2017

Proxecto Os pintores

Ola a todos, xa temos temática para o noso proxecto do 2º trimestre: os pintores. Esta semana apareceu na aula un novo obxecto, e depois de moito investigar descubrimos que é un armazón de pintor, e que o noso novo proxecto estaría relacioando con él, pero...que sabemos sobre os pintores?



Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:
-Os pintores pintan cadros.
-Pintan fóra da casa para non manchar.
-Pintan con pinceis para non ensuciar as mans.
-Usan armazóns para apoiar os cadros.
-Tamén usan acuarelas.
-As pinturas veñen en botes.
-Os pintores levan os cadros a tendas para vendelos.
-Non museos hai cadros e esculturas.
-Pintores que coñecemos: Kandinsky.


Unha vez falado o tema facémonos as seguintes preguntas:
-Quenes son os pintores?
-Como pintan os pintores?
-Que utilizan para pintar?
-Onde gardan os cadros?
-Cadros e pintores famosos.


Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, cancións...
Moitas grazas a todos.

1 comentario:

  1. Seguro que vos vai quedar un grandísimo proxecto. Nós este trimestre imos traballar a Picasso. Un saúdo e moi boa semana.

    ResponderEliminar