martes, 1 de marzo de 2016

Proxecto O coello: reproducción e alimentación dos coellos

A semana pasada vimos na aula un par de vídeos de partos de coellas, posto que, como xa aprendimos, os coellos son animais mamíferos e polo tento vivíparos, teñen as crías no ventre da súa nai, non poñen ovos.
Tamén vimos que son animais herbívoros, e que se alimentan principalmente de vexetais, pero a diferenza do que nos pensábamos, non poden tomar cenorias todos os días. Por si algún día tedes coellos, aquí vos deixamos tamén uns vídeos cunhas breves recomendacións a ter en conta na alimentación dos coellos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario