lunes, 15 de febrero de 2016

Entroido 2016

Como todos os anos no Ceip de Tabeaio conmemoramos o Entroido cunha fantástica festa na escola.
Este ano disfrazámonos de coellos e lobos, especies autóctonas dos nosos bosques e montes, seguindo o noso proxecto de Voz Natura deste ano sobre o coidado da flora e fauna dos nosos espazos arbóreos.
Para a elaboración das disfraces utilizamos bolsas de plástico de cores e goma eva.
Os trasniños ademais elaboramos unha paxariña de papel para a nosa disfrace de coello, e unhas caretas moi divertidas para levar para casa.
Moitas grazas a todos os familiares que participaron na festa traendo produtos típicos detas datas e acompañándonos no noso desfile pola vila.
















1 comentario:

  1. Uns disfraces chulísimos. Estaban todos guapísimos. Boa finde.

    ResponderEliminar