jueves, 10 de diciembre de 2015

Proxecto O Polo Norte: pesca inuit e regretas

Estas semanas xogamos na clase a pescar como inuits. Para elo utilizamos unha caña con imán e uns peixes de goma eva de cores con ollos de metal. Os peixes son de varios tamaños e cada cor corresponde cun tamaño e unha cantidade, coincidindo coas regretas Cuisenare, o que me permitiu introducir estas na aula.
Clasificamos peixes por cores, seriamos de maior a menor e de menor a maior e relacionamos cada peixe con unha cantidade, para esto último utilizamos uns billetes moi chulos que atopamos no blogue: http://infantilgraciapc.blogspot.com.es/ , de onde sacamos a fantástica idea da pesca inuit.
Ademais, despois montamos unha peixería onde os trasniños tiveron que mercar peixes utilizando os billetes das regretas, para o que é necesario contar, sumar e incluso restar.
Aquí vos deixo o enlace onde podedes descargalos: 
http://infantilgraciapc.blogspot.com.es/2014/12/pesca-matematica-cuisenaire-en-el-polo.html
A verdade e que o xogo tivo moito éxito entre os trasniños, polo que o seguiremos utilizando ao longo do curso.
Para reforzar o aprendido coas regretas, buscamos un par de actividades interactivas na rede. Aquí vos deixo os enlaces.























No hay comentarios:

Publicar un comentario