jueves, 10 de diciembre de 2015

Fin do proxecto O Polo Norte

E despois de varios meses de traballo chegamos ao final do noso proxecto.
Aquí vos deixo un resumo do noso traballo durante estes meses. Para a elaboración das fichas inspireime, entre tantos recursos que podedes atopar na rede, no traballo de Montse Marín Villaverde do Ceip Celso Emilio Ferreiro e a profe Eva, desta última podedes ver as orixinais no seu blogue:
http://laclasedelaprofeeva.blogspot.com.es/2013/04/proyecto-del-polo-norte.html


Por último, os trasniños e trasniñas fixemos a avaliación figuro-analóxica do proxecto atendendo aos seguintes criterios, e aquí vos deixo os resultados.



Gustoume moito: Gabi, Anxo, Dani, Sara, Lolo, Carla, Lucía, Pablo, Lucas, Manu, Manuel, Claudia, Alda, Sabela, Lara, Lia e Carmen.
Gustoume un pouco: Ainara e Roque.
O que máis nos gustou: O iceberg, o Titanic, os animais, o oso polar e as súas crías, o cadro de Matisse, a neve, os renos, a pesca e mercado inuit, cans que tiran das zorras e a canción de Nanuk.



1 comentario:

  1. Quedouvos un proxecto moi completo. Seguro que aprenderon moito. Un saúdo.

    ResponderEliminar