martes, 17 de noviembre de 2015

Proxecto O polo Norte: animais

A semana pasada centrámonos no estudo dos animais que habitan o Polo Norte. Buscamos moita información nos libros que temos no noso recuncho do proxecto e a completamos con vídeos que atopamos en youtube, para coñecer mellor o comportamento e vida destes animais.
Por suposto, o animal que máis centrou a nosa atención foi o oso polar, por ser este un animal que so se pode atopar no Ártico, pero tamén descubrimos cousas sobre outros animais como a morsa, foca, narval, frailecillo, lemming, reno, lobo ártico, raposo ártico, lebre ártica, moucho nival, balea xibardo, balea azul, balea beluga, orca, boi amizclero...
Ademais, tamén descubrimos como o cambio climático e o quentamento global, así como a caza, poñen en perigo a existencia dos osos polares e outros animais como as focas e baleas.
Aquí vos deixamos algúns dos vídeos que vimos.















No hay comentarios:

Publicar un comentario