viernes, 30 de octubre de 2015

Magosto e Samaín

Esta semana rematamos os nosos calacús Meigas para o Samaín. Moitas grazas á avoa de Claudia por regalarnos as pequenas cabazas da súa horta. Tamén elaboramos unhas simpáticas pantasmas estampando as nosas mans con témpera branca en cartolina negra e decoramos á aula cuns divertidos globos que truxo Lia.










O xoves celebramos o Magosto e o Samaín Moitas grazas aos familiares que vos achegastes a axudarnos coas castañas e a todas as familias polo fantástico traballo feito coas cabazas.
Quedounos unha exposición chulísima.
Bo fin de semana a todos.















No hay comentarios:

Publicar un comentario