miércoles, 8 de abril de 2015

Proxecto Os contos dos irmáns Grimm

Ola a todos, xa temos temática para o noso proxecto do 2º trimestre: Os contos dos irmáns Grimm.


Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:
-Un conto é algo que escribiu alguén para que se poida ler.
-Os contos contan historias.
-Hai persoas que escriben contos.
-Hai contos nas bibliotecas e librarías.
-Os contos son para aprender.

-Hai que coidar os contos e gardalos ben.
-Os irmáns Grimm escribían contos.
-Os contos son historias reais ou inventadas. 
-Contos dos irmáns Grimm que coñecemos: Carapuchiña Vermella, Brancaneves, Cincenta e A Bela Durminte.



Unha vez falado o tema queremos investigar en torno as seguintes preguntas:
-Que é un conto?
-Onde hai contos?

-Como se chaman as persoas que escriben contos?
-Que ferramentas utilizan para escribir contos?
-Quenes eran os irmáns Grimm e onde vivían?
-Que contos escribiron os irmáns Grimm?



 

3 comentarios:

  1. Hola: te dejo un enlace al proyecto de cuentos que hice hace unos años por si te sirve de ayuda. Un saludo
    http://laclasedemiren.blogspot.com.es/search/label/Proyecto%20LOS%20CUENTOS

    ResponderEliminar
  2. Seguro que vos queda un proxecto do máis completo. Un saúdo e moi boa semana.

    ResponderEliminar