lunes, 16 de febrero de 2015

Entroido 2015

Este ano, para conmemorar o Entroido, fixemos unha festa na escola coas familias, e disfrazámonos de amorodos e xardineiros, seguindo así a temática de Voz Natura sobre a horta ecolóxica.
Os trasniños traballamos moito durante as últimas semanas para ter o noso disfrace listo para a festa, que elaboramos con bolsas de plástico, aeronfix e cartolinas.
Como este ano choveu non puidemos facer o paseo pola vila, pero xogamos moito no patio da escola e desfrutamos das deliciosas filloas, orellas e rosquillas que fixeron as nosas familias.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
Un saúdo.










2 comentarios:

  1. Estaban todos guapísimos. Un saúdo e bo Entroido!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias un ano mais pola festa, polo bo traballo dos disfraces e por todo o que disfrutamos ese día...Unha pena non poder facer o paseo...pero mais tempo para comer filloas, orellas e unha boisima tarta de chocolate....Moi boa aportación jjjee. Gracias
    Gracias....

    ResponderEliminar