martes, 13 de enero de 2015

Proxecto: O corpo humano

Ola a todos, xa temos temática para o noso proxecto do 2º trimestre: O corpo humano.
Pero que sabemos sobre o corpo humano?. Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:
-O corazón fainos vivir.

-As persoas teñen esqueleto.
-O esqueleto ten ósos.
-A pel protexe o esqueleto e o que está dentro.
-Algunhas partes do corpo, como as pernas e o pescozo, móvense. 
-Respiramos polo nariz.
-Pensamos co cerebro, que está na cabeza.
-Os músculos protexen os ósos.
-Na boca masticamos á comida, e despois baixa ao estómago e facemos caca. 
-O corazón fainos vivir.
-Despois de comer facemos a dixestión. 


   
Unha vez falado o tema queremos investigar en torno as seguintes preguntas:
-Cales son as partes do corpo e da cara?
-Que partes do corpo poden moverse? (as articulacións)

-Como se chaman algúns ósos do esqueleto?
-Que son os músculos?
-Cales son os órganos do corpo?
-Que son os organos dos sentidos?
-Como nacen os bebés?
-Como coidamos o noso corpo?

Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, pelis, cancións, xogos... Moitas grazas a todos.

2 comentarios:

  1. Seguro que vos queda un proxecto ben completiño. Nós fixémolo o ano pasado. Déixote o enlace ao blogue do proxecto por se vos pode resultar útil:
    http://onosocorpo.blogspot.com.es/
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana. Seguro que me resulta moi útil. Mil bicos

    ResponderEliminar