martes, 16 de diciembre de 2014

Estrelas de Nadal



Este ano adornamos a nosa clase con moitas estrelas.
Os trasniños levámonos á casa unha estrela branca para decorala coa nosa familia, e que logo colocamos coa dos nosos compañeiros nun mural, formando unha árbore de nadal.
Parabéns a todos os trasniños e trasniñas  porque as estrelas son moi bonitas e orixinais.


Por outra banda, elaboramos uns adornos de estrela para a nosa árbore con tubos de cartón de papel hixiénico, témpera dourada ou prateada, limpa pipas e purpurina.
Primeiro pintamos os tubos con témpera, logo dividimos e cortamos en tubo en 5 partes. 
Despois pegamos estas partes con cola axudándonos dunhas pinzas.
E por último puxémoslles un pouco de purpurina no centro e colocámoslles os limpiapipas nun extremo.
Esperamos que vos gusten!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario