miércoles, 26 de noviembre de 2014

Canción "Los esqueletos". Aprendemos a ler o reloxo.

Este mes traballamos en clase unha das nosas cancións favoritas, "Los esqueletos" de Fofito. Ademais de divertirnos moito, con esta canción aprendemos moitas cousas, como os números do 1 ao 10 e a ler o reloxo.





Para traballar ben estos contidos elaboramos un reloxo con cartolina e despois o plastificamos. Con él aprendemos a poñer as horas en punto, e mesmo as medias horas, aínda que isto nos custa un pouco máis.




Para seguir practicando hoxe levamos o reloxo á casa, e ademais, déixovos algunhas actividades interactivas que encontrei pola rede e que vimos estes días no cole.
Aprender as horas nunca fora tan divertido!!!








1 comentario:

  1. Moi bos recursos para traballar as horas. Grazas por compartilos. U nsaúdo.

    ResponderEliminar