miércoles, 29 de octubre de 2014

Conto: "Onde viven os monstros"

Esta semana, con motivo da celebración do Samaín, traballamos no cole o conto "Onde viven os monstros". É un conto moi divertido.
Publicado por primeira vez en 1963 chegou a ser un clásico da literatura infantil e xuvenil e un referente imprescindible.
Está traducido a numerosas linguas e é unha das obras máis vendidas de todos os tempos.
Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos.

Aquí vos deixamos a portada do libro, un vídeo do conto en youtube e uns debuxos moi chulos que fixemos de monstros. Esperamos que vos gusten!!!


1 comentario:

  1. E un conto moi fermoso que me gusta moito. Os nenos fixeron uns debuxos preciosos. Un saúdo.

    ResponderEliminar