miércoles, 11 de junio de 2014

Proxecto Os volcáns: Historia de Pompeya

Para rematar o noso proxecto sobre os volcáns, traballamos en clase a historia de Pompeya, unha cidade que desapareceu completamente tras a erupción do volcán Vesubio, hai case 2000 anos, e que no ano 1748 os arqueólogos descubriron, e estana a desenterrar. Durante as escavacións, ocasionalmente eran achados ocos na cinza que contiveran restos humanos. O arqueólogo italiano Giuseppe Fiorelli suxeriu encher estes ocos con xeso, obtendo así moldes que mostraban con gran precisión o último momento da vida dos cidadáns que non puideron escapar á erupción.

Aquí vos deixamos un vídeo sobre a erupción do Vesubio e a destrución de Pompeya, así como uns debuxos elaborados polos trasniños.
Esperamos que vos gusten!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario