martes, 13 de mayo de 2014

Proxecto Os volcáns: experimento...erupción dun volcán

A semana pasada realizamos un experimento na aula, unha erupción volcánica, para o que utilizamos as maquetas dos volcáns de Manu e Gabi, así como varios ingredientes que achegaron as mamás de Manu e Gabi, moitas grazas pola vosa colaboración.
Pero como o volcán de Gabi estaba sen rematar, uns días antes pintámolo con témpera verde, marrón e negra, e botámoslle alkil para que non se estrague o barro despois da erupción.




Para a realización deste experimento utilizamos:
-2 culleradas de bicarbonato de sodio.
-1 cullerada de xabón líquida.
-5 ou 6 gotas de colorante para comida ou 2-3 culleriñas de pemento doce.
-40 ml de vinagre.
(Estas cantidades son para realizar a erupción nun volcán con cheminea estreita como o de Manu, para un con cheminea ancha como o de Gabi habería que aumentar as cantidades).

Aquí vos deixamos as fotos e os vídeos das erupcións, xa que fixemos varias, esperamos que vos gusten!!!


 











video

video 

video

No hay comentarios:

Publicar un comentario