viernes, 23 de mayo de 2014

Proxecto Os volcáns: chegada de máis materiais e descubrindo as capas da Terra

Esta semana chegaron a clase unha foto do volcán Teide, en Tenerife,que mostrounos a trasniña Sabela e unha rocha volcánica dese mesmo volcán, que trouxo a profe Carmen.

Tamén conversamos moito sobre de onde procede a lava volcánica, que como xa aprendemos ao arrefriarse se queda en forma de rocha, e acabamos descubrindo as distintas capas que ten o noso planeta, a Terra, e como o movemento das placas terrestres que se encontran na codia, pode orixinar terremotos, crear cordilleiras montañosas, e incluso fisuras, polas que sae magma, que acaban converténdose en volcáns e mesmo illas volcánicas.
Gustounos tanto todo o aprendido que elaboramos en plastilina unha pequena maqueta das capas da Terra.
Esperamos que vos guste.






No hay comentarios:

Publicar un comentario