miércoles, 7 de mayo de 2014

Agasallo do Día da Nai. Bombóns

Para o día da nai elaboramos uns deliciosos bombóns para as nosas mamás.
Por un lado decoramos uns botes de cristal. Para iso pintamos as tapas con témpera e fixámola con cola branca.


 





 





Para elaborar os bombóns utilizamos chocolate negro e chocolate blanco,colorante rosa, améndoas, abelás e coco, ademais duns moldes con forma de flores e corazóns.
Derretemos o chocolate no microondas e despois de removelo botámolo con coidado nos moldes. Para facer chocolate con leite mesturamos chocolate branco con chocolate negro.
A algúns engadímoslle coco, a outros améndoas e a outros abelás.
Tamén fixemos bombóns rosas botando un pouco de colorante vermello no chocolate branco.









Despois adornamos os botes con media blonda de papel, un corazón e tarxetas de cartolina e cordón.

 Felicidades mamis!!!Esperamos que vos gusten!!!


 

2 comentarios:

  1. Moitas gracias polo fantástico regalo.... Creo que tódalas mamás estarán contentísimas....Estaban tan bos que nos costaba repartir cos demáis.....jajaja

    ResponderEliminar
  2. Me alegro moito. A verdade é que as actividades de cociña gustan moito, tanto aos nenos/as como ás familias, tentaremos facer máis cousiñas. Bicosssssssss

    ResponderEliminar