miércoles, 2 de abril de 2014

Proxecto as ras: que comen, onde viven e como se comunican

Seguimos coa nosa investigación e estes días vimos que comen as ras, onde dormen, onde viven, como se comunican e se teñen inimigos.
As ras son animais carnívoros insectívoros, comen principalmente moscas, mosquitos, formigas...así como outros invertebrados como babosas, caracois ou vermes de terra. Tamén poden comer pequenos cangrexos de río.
Algunhas das especies máis grandes tamén comen pequenos roedores como ratos e incluso outros anfibios, como ras.


As ras poden atoparse en case todo o mundo, agás nas rexións árticas e antárticas, nos desertos áridos e na maioría de ellas oceánicas.
Tenden a vivir en lugares preto da auga e en ambientes húmidos de auga doce como ríos, lagos, regatos, charcas...


As ras CROAN , e a súa principal forma de comunicación, e a través deste son recoñecen os da súa mesma especie, advirten a presenza de depredadores e defenden os seus recursos.
Segundo o croar do macho a femia identifica se ten boa condición física ou territorios de alta calidade. As ras macho croan e as femias non.
O saco vocal é unha membrana flexible da pel que posúen a maioría dos anuros macho, e o seu obxectivo é actuar como altofalante para que o seu croar se escoite lonxe, como chamamento ao apreamento.


En cato o sono, dependendo da especie atopamos ras que dormen e outras que non, estas especies teñen unha capacidade de vixilancia mentres que descansan, para estar atentas aos depredadores.
As ras hibernan, xa que ao ser animais de sangue fría, necesitan a calor do sol ou do aire, así que ao arrefriarse o clima, as ras buscan lugares para hibernar.
Algunhas entérranse profundamente na lama para evitar as xeadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario