jueves, 10 de abril de 2014

Novo proxecto: os Volcáns

Ola a todos, xa temos temática para o noso 3º proxecto deste curso. Propuxemos varios temas, pero despois dunha longa votación, decidimos investigar sobre os volcáns.

Estos son os nosos coñecementos previos:
-Un volcán erupta.
-É unha cosa moi grande que bota lava.
-A lava derrite cousas. 
-É unha montaña que bota lava.
-Cando botan lava treme a terra.
-En Lanzarote hai un volcán durmido que non bota lava.
-Se un volcán pasa moito tempo sen botar lava nacen flores nel.
-A lava dos volcáns queima as árbores.
-Se fas moito ruido cerca dun volcán empeza a botar lava.
-Quenta a auga dos ríos.
-Cando treme a terra van botar lava.
-A montaña máis alta de España é un volcán e chámase Teide, está nas Illas Canarias.



Para proceder a vosa investigación, debedes atopar respostas as seguintes preguntas:
1. Que é un volcán e como é? Tipos de volcáns, volcáns submarinos e illas oceánicas.
2. Como se forma e por que botan lava? Partes da terra, cinza e rochas volcánicas.
3. Por que treme a terra? Partes da terra.
4. Por que se dormen?
5. Onde hai volcáns? Zonas volcánicas.
6. Que pasa si erupciona un volcán?
7. Que volcáns coñecemos? Volcáns próximos, famosos e historias de volcáns.


Para axudarvos na vosa investigación tedes aquí una pequena Webquest onde podedes atopar diversos enlaces e información moi útil sobre os volcáns, así como unhas pequenas fichas para cubrir.  

                                       Clicade na imaxe para acceder.
http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/68481
Por último, non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, fotos, obxectos, pelis, cancións, xogos...
Moitas grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario