miércoles, 19 de marzo de 2014

Proxecto a Ra: son todas iguais?

Esta semana descubrimos que hai 4000 especies de ras e sapos. En galicia podemos encontrar a ra verde, pero tamén a ra de San Antón, a ra vermella e a ra patilarga, estas 3 últimas en perigo de extinción.


















Pero se damos unha volta polo mundo podemos encontrar ras moi curiosas como a ra transparente ou de cristal e a ra goliat.
Ademais descubrimos que un dos animais máis velenosos do mundo é a ra dardo ou punta de frecha. Estas ras son de cores moi vistosas para advertir aos depredadores da súa toxicidade, e a máis velenosa é a ra dardo dourada.


Aquí deixámosvos un par de vídeos de ras raras e das ras punta de frecha, esperamos que vos gusten.



No hay comentarios:

Publicar un comentario