miércoles, 5 de marzo de 2014

Entroido: ras e animais mariños

Este ano celebramos o Entroido na escola de Tabeaio, e invitamos as familias a celebralo connosco cunha pequena festa no cole na que puidemos degustar diversos produtos destas datas (filloas, orellas, rosquillas...), xogar cos xogos de aros e ra que tamén se uniron á festa cambiando o seu aspecto do Nadal por un máis acorde coa celebración, cantamos, e demos un paseo polo pobo para que todo o mundo puidese apreciar os nosos bonitos disfraces de ras e animais mariños (augamares, peixes, polvos e estrelas de mar), elaborados no cole con axuda das profes e utilizando diversos materiais de refugallo.
Moitas grazas ás familias pola vosa axuda, sen a vosa colaboración isto non sería posible.
Esperamos que vos gusten as fotos e o vídeo da gran actuación dos trasnos e trasniños!!!







video

No hay comentarios:

Publicar un comentario