jueves, 16 de enero de 2014

Proxecto A ra

Ola a todos. Xa temos temática para o noso 2º proxecto deste curso.
Seguindo a temática de Voz natura sobre ríos e praias, escollimos entre un animal de río e un de mar para realizar a nosa investigación, e despois dunha axustada votación, o animal elixido foi a ra.

  
Pero qué sabemos sobre este animal tan curioso?. Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:
-As ras saltan.
-Saltan en nenúfares.
-Fan "croac croac".
-Viven nos ríos.
-Nacen na auga.
-As crías chámanse cágados "renacuajos".
-Son verdes.
-Teñen os ollos vermellos.
-Son de diferentes cores. 
-Comen insectos como moscas.


Unha vez falado o tema, facémonos as seguintes preguntas:
-Como son as ras?
-Son todas iguais?
-Que comen?
-Como se comunican? 
-Como durmen?
-Onde viven?
-Teñen inimigos? 


Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, pelis, cancións, xogos...
Moitas grazas a todos.

 


 

1 comentario:

  1. Paréceme moi bonito o proxecto e a nova imaxe do blog.......
    Parabéns.

    ResponderEliminar