jueves, 12 de diciembre de 2013

Proxecto A Paisaxe: a praia.

Fai unhas semanas traballamos na aula a praia e aprendimos moitas cousas.

Hai praias de area e outras de pedra, e algunhas son fluviais (de río), outras son de lagos, e a ampla maioría son de mar.


 Vimos fotos moi chulas das praias que visitamos en verán (Bastiagueiro, Santa Cristina, Caión, Miño, Cabanas, Gandarío...) e os compañeiros Manu e Iván trouxeron á aula diversos materiais sobre as praias. Por unha parte Manu trouxo un pequeno acuario con area e cunchas das praias que coñece, e Iván trouxo fotos da praia de San Xurxo.




Vimos que nalgunhas praias hai dunas, que son montañas de area que forma o vento, como as dunas de Corrubedo, e que a praia máis bonita do mundo é galega, e atópase nas illlas Cíes.



Por último descubrimos que as cunchas que atopamos na praia son os restos duns animais chamados moluscos, como mexillóns, ameixas, berberechos..., que por certo cociñados están boísimos.



 

Por último deixovos varios libros que limos sobre as praias.










No hay comentarios:

Publicar un comentario