martes, 3 de diciembre de 2013

Proxecto A Paisaxe: os ríos

Estes días traballamos na clase os ríos, e aprendemos que un río é unha corrente natural que nace nas montañas, e que ás veces desemboca non mar, nun lago ou mesmo noutro río.

 
As fotos que trouxeron moitos compañeiros sobre diversos ríos servíronnnos para coñecer un pouco máis ou río Eume, ou río Miño e o río Xallas, neste último atópase a fervenza do Ézaro, ademais aprendimos a atopalos nun mapa.



 
























Por último vimos coñecemos o nome dos ríos de Carral, que son pequenos, río Barcés e Brexa, ademais do río Abelleira, no que se encontran os muíños de Batán, onde podemos ver antigos muíños de auga para facer fariña, así como unha pequena central hidroeléctrica que xera electricidade grazas á forza da auga.
Recomendámosvos facer unha visita, pois é unha paraxe preciosa.







Río Barcés









                 

                       Río Brexa








No hay comentarios:

Publicar un comentario